Escola de Altos Estudos Musicais > probas de acceso
A partir do 20 de xuño de 2011 e con motivo da celebración do primeiro curso avanzado de especialización orquestral da Escola de Altos Estudios Musicales promoción 2011-2012, realizaranse as probas de admisión para as diferentes especialidades instrumentais.
Matriculación e probas de admisión
Data límite: 26 de maio
Comezo das probas presenciais: 20 de xuño
Duración: do 20 ao 30 de xuño
A documentación a aportar polos aspirantes e a gravación de video realizarase a través da páxina web da EAEM.
Primeira fase: VISIONADO
Unha vez realizada a selección mediante o visionado dos candidatos, publicarase na páxina web da EAEM o listado dos seleccionados así como os horarios para as diferentes probas que poderán ter lugar.
Segunda fase: PROBAS PRESENCIAIS
Poderase realizar unha proba presencial previa á proba final no suposto de que o número de aspirantes sexa moi elevado.