Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Nikolai Velikov

Violín

Comezou os seus estudos musicais á idade de seis anos na Escola de música da súa cidade natal, Sliven. Máis tarde, ingresa no Instituto Nacional de Música Lubomir Pipkov en Sofía, completando posteriormente os seus estudos no Conservatorio Superior Pancho Vladiguerov, cos profesores de violín Valentín Choparinov e Alexander Ilchev. Obtén o título superior coas máximas cualificacións en violín e música de cámara, para a continuación seguir estudando co profesor Stefano Pagliani na Academia Santa Chiara (Italia).

Foi premiado en tres ocasións no Concurso Nacional de Novos Intérpretes de Bulgaria. Comeza a súa carreira profesional na Orquestra de Cámara de Sofía no posto de axuda de concertino, actuando ademais de no seu país en Alemaña, Holanda, Francia, etc. Actuou como solista en varias orquestras europeas. No ano 1996 obtén a praza de coprincipal de segundos violíns na Real Filharmonía de Galicia, onde segue traballando na actualidade.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais