Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Maximino Zumalave

Director asociado

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, Principal director invitado da Orquesta Sinfónica de Galicia (1992-1995) e Director Asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da qye foi fundador. Director Asociado da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e Profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.

Dirixiu a importantes formacións tanto estranxeiras como españolas como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, a Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Oporto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium, a Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada entre outras.

Foi invitado a participar en xurados e presidir importantes certames e premios internacionais.

Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo, coidando especialmente as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, de Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso coa Cultura de Galicia trascende alén a Música: Torrente Ballester envíalle unha obra "lamentando que no pueda ser una sinfonía" e a poetisa Eva Veiga escribe:

"...Maximino, que coas súas mans do silencio arrinca a mais pura poesía, no espacio fuxidía no corazón eterna."

É Licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña.

En febreiro de 1995 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario. En xuño de 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais