Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Javier Simó

Trompeta

Realiza os seus estudos no Conservatorio Superior de Valencia con Leopoldo Vidal, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Prosegue os seus estudos de perfeccionamento na Academia de Trompeta de Bremen (Alemaña) con Bo Nilsson, Pierre Thibaud e Thomas Stevens, e en Malmö (Suecia) con Hakan Hardenberger. Foi trompeta solista da Philarmonie deas Schleswig-Holstein Festival Orchester e colaborou entre outras, coa Orquestra del Palau de les Arts de Valencia baixo a dirección de L. Maazel. Profesor en excedencia do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, actualmente é profesor asistente do Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) e trompeta principal da Real Filharmonía de Galicia.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais