Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
James Dahlgren

Violín

Concertino da orquestra Real Filharmonía de Galicia, estudou con Zaven Melikian no Conservatorio de San Francisco.

Despois de traballar durante cinco anos coa Orquestra da Ópera de San Francisco, aceptou o posto de concertino coa Orquestra Metropolitana de Lisboa e máis tarde, a de concertino asociado coa Orquesta Ciudad de Granada.

Tras chegar a Europa, traballou tamén como concertino convidado da London Philharmonic Orchestra, a Royal Liverpool Philharmonic Orchestra, a Ulster Orchestra e a New Zealand Symphony Orchestra, entre outras.

Actualmente é o principal concertino convidado da Orquesta Sinfónica de Bilbo-Bilbao e membro de TAIMA (Taller Andaluz de Interpretación de Música Actual).

Premiado no concurso internacional María Canals en Barcelona, James mantén contacto coas orquestras dos EE.UU. actuando como solista en Nova Zelandia, Portugal e especialmente en España .


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais