Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Ildikó Oltai

Violín

Nada en Budapest (Hungría), realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Ferenc Liszt da súa cidade natal,graduouse no ano 1995 como Profesora de Teoría da Música e Directora de Coro e no ano 1996 obtivo o Título Superior de Violinista e Profesora de Violín. Está en posesión de estudos doutros instrumentos secundarios como o piano e a viola.

Traballou na Orquestra de Cámara de Ferenc Liszt de Budapest como axudante de concertino, no cuarteto de corda "Laszló Lajtha", na Orquestra Sinfónica Fenc Liszt de Budapest como concertina, na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi como concertista e en distintas ocasións como solista.

Coas distintas agrupacións musicais realizou xiras por Alemaña,Francia, España, Austria, República Checa e Italia. Ademais como cuarteto de corda "Laszló Lajtha" ten feito varias gravacións coa compañía Naxos.

Dende 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia. Actuou como solista coa RFG baixo a dirección de Paul Daniel no 2008, e interpretou o 2º Concerto para violín de Béla Bartók con Antoni Ros Marbà no 2010.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais