Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Gregorio Nedobora

Violín

Aos 11 anos deu o seu primeiro concerto como solista e aos 14 interpretou o Concerto de Sibelius coa Orquestra Filharmónica da súa cidade natal, Kharkov (Ucraína).

Proseguiu a súa formación con Maya Glezarova no Colexio Musical adxunto ao Conservatorio Tchaikovski de Moscova e ampliou os seus estudos na Academia Gnesin, onde foi alumno de violín de Vladimir Spivakov e de música de cámara de Valentín Berlinski, do famoso Cuarteto Borodín.

Traballou cos Virtuosos de Moscova, baixo a dirección de Vladimir Spivakov, cos que realizou numerosos concertos en máis de 20 países de Europa, América e África. Tamén foi un dos integrantes do conxunto de cámara Solistas Classic e formou o dúo Mozart co seu colega Lev Tchistiakov.

Dende a formación da Real Filharmonía de Galicia, é o principal de segundos violíns desta orquestra.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais