Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Enrique Meyer Pleite

Xefe de estudos

Realizou os seus estudos en Pontevedra, Santiago de Compostela e Madrid, licenciándose nas especialidades de piano e música de cámara en 1988. Posteriormente foi subvencionado pola Deputación Da coruña para perfeccionar os seus estudos en Londres baixo a dirección de Peter Bithel, profesor da Guildhall School.

Ao longo da súa carreira estudou, cos mestres Anselmo de la Campa, Manuel Carra, Martín Millán e Cecilio Tieles. Pertence ao corpo de profesores de Ensino Secundario (1999) e ao corpo de profesores de Ensinanzas Artísticas pola especialidade de piano ( 2003).

Durante os anos 2003 ao 2006 realizou o curso de Dirección de Grupos Instrumentais impartido polo mestre Vicente Egea e no ano 2008 obtivo o diploma de Directivo da Xunta de Galicia, Programa de Dirección Innovadora.

Dende o ano 1999, e por concurso oposición, é o xefe de estudos da Escola de Altos Estudos Musicais .


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais