Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Beatriz López

Clarinete

Nace en 1982 en Jérica (Castelló) e comeza os seus estudos de clarinete aos oito anos da man de Daniel Bellovi, obtendo o título superior de clarinete no Conservatorio Superior de Valencia en 2001 coas máximas cualificacións.

Despois perfecciona os seus estudos na Universidade Mozarteum de Salzburgo e estuda música de cámara cos profesores Benjamin Schmidt e Cordelia Höfer-Teutsch. Ao longo da súa formación estudou cos profesores Herrera, Mañes, Cerveró, Duarte e Alberola.

Ofreceu recitais en Austria e España, e concertos de música de cámara co seu grupo, o Pamina Trio, co que gaña o Concurso Internacional de Música de Cámara "Marco Fiorindo" 2005 en Turín. Colaborou coa Orquestra de Valencia, coa Mozarteum Orchester, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coa Orquestra de RTVE.

Obtén o segundo premio no concurso Musikwettbewerb Lions Club de Austria en 2004. Foi membro da Orquestra Sinfónica Cidade de Oviedo, e desde febreiro de
2008 forma parte da Real Filharmonía de Galicia.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais