Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Antoni Ros Marbà
Director
Na actualidade é Director Titular da Real Filharmonía de Galicia, así como Profesor e Director Titular da Cátedra da Orquesta Freixenet da Escola Superior de Música Raíña Sofía.
Nace en L´Hospitalet de Llobregat e estuda dirección de orquestra con Eduard Toldrà, Sergiu Celibidache, e Jean Martinon.
Foi Director Titular da Orquesta Sinfónica de RTVE, Orquesta Ciutat de Barcelona e Director Musical da Orquesta Nacional de España.
Invitado por Herbert von Karajan para debutar en Berlín xunto á Orquestra Filarmónica en 1978, orquestra que dirixirá de novo posteriormente, é nomeado Director Titular da Orquestra de Cámara Holandesa en 1979. Ros Marbà dirixiu ás orquestras máis importantes de Francia, Inglaterra, Suíza, Italia, Alemaña, Escandinavia e foi invitado polos principais centros musicais de América e Xapón.
Dirixiu con grande éxito a maior parte dos títulos do repertorio operístico, cultivando especialmente o universo mozartiano, straussiano e o repertorio do século XX.
Comprometido sempre coa música española, dirixiu as estreas das óperas Divinas Palabras de Antón García Abril e The Duenna de Roberto Gerhard así como as primeiras gravacións mundiais desta última e de La Dolores de Tomás Bretón.
Foille concedido o “Premio Nacional de Música”, galardón que outorga o Ministerio de Cultura, e a “Creu de Sant Jordi”, outorgada pola Generalitat de Catalunya.
En 2009 dúas prestixiosas compañías discográficas, Warner Classics e Claves, editaban dous CDS monográficos de Ros Marbà dirixindo á Real Filharmonía de Galicia, dedicados a Mompou e Falla, que obtiveron unha extraordinaria acollida por parte da crítica.
|