Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > organigrama
Anca Smeu

Violín

Cursou os seus estudos de violín no Consevatorio de Música Ciprian Porumbescu de Bucarest. En 1983 gañou o Concurso Citta di Stressa (Italia) e o terceiro premio no Concurso Jaroslaw Kocian da República Checa. Traballou na Orquestra Filharmónica de Brasov (Romanía) e ocupou o posto de concertino na Orquestra La Neuville (Suíza), na Orquestra de Radio Bucarest (Romanía) e na Nova Orquestra de Sofía (Bulgaria).

Realizou gravacións e concertos en Romanía, Italia, Austria, Alemaña, Francia e España. En 1995 foi Premio Especial do Concurso de Cuartetos de Cordas Mozart en Salzburg (Austria). Foi profesora de violín da Escola Superior de Música de Brasov (Romanía) e profesora de música de cámara no Conservatorio de Música da mesma cidade. Na actualidade é membro da Real Filharmonía de Galicia.


organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais