Iniciar sesión

Escola de Altos Estudos Musicais > especialización

CURSO AVANZADO DE ESPECIALIZACIÓN ORQUESTRAL

O curso de práctica orquestral está dirixido a todos aqueles estudantes que finalizaran os seus estudos e teñan como meta poder formar parte dunha orquesta profesional. A cada vez máis esixente realidade profesional conleva unha formación de alto nivel, amparada polos solistas da Real Filharmonía de Galicia, na que os alumnos teñan a oportunidade de estar en contacto directo traballando cóbado con cóbado con músicos profesionais adquirindo non só a complexa técnica e a progresiva formación duns criterios musicais propios, senón tamén adquirindo as ferramentas de relación social e de intercambio de ideas entre os propios instrumentistas e los directores dos diferentes programas.

Calendario
Calendario: Do 19 de setembro de 2011 ao 15 de xuño de 2013.
Duración do programa: 2 anos

Plan de estudos por curso académico
Os alumnos estarán orientados desde o primeiro momento polos seus respectivos titores que realizarán un itinerario formativo individualizado e pormenorizado tendo en conta as características especiais de cada instrumento. Esta programación educativa garantirá a formación do alumno e permitiralle obter os créditos necesarios para a súa acreditación como especialista. O encaixe de cada alumno nos programas da orquestra será fixado polo Director, previa deliberación da Comisión Educativa. Coa finalidade de que os alumnos poidan ensaiar tanto de forma individual como colectiva, a EAEM garantirá na sede da escola aulas e cabinas de estudio para todos. Ao ser un curso eminentemente práctico, as materias instrumentais terán unha carga lectiva non presencial superior á presencial.

Materias

A. CLASES INDIVIDUAIS
Cada alumno recibirá do seu titor/profesor, un mínimo de 30 horas anuais (60 no total do programa) distribuídas ao longo do curso académico.

B. PROFESORES VISITANTES. CLASES MAXISTRAIS
Os alumnos da EAEM recibirán clases de solistas de relevancia internacional e para elo a Escola contará con: Solistas invitados á orquestra, que impartirán clases maxistrais, e profesores visitantes (solistas-especialistas) que impartirán unha docencia periódica e regular e que se articulará da seguinte maneira:
Periodicidade:

  • 2 sesións por curso académico.
  • Cada alumno recibirá por sesión non menos de 2 horas de clase individual.

C. PRÁCTICAS COA RFG
Cada alumno, coa supervisión do seu titor, incorporarase á Real Filharmonía de Galicia participando nun mínimo de 6 programas por temporada (ano académico).

D. MÚSICA DE CÁMARA E CONXUNTO INSTRUMENTAL
Todos os alumnos participarán en 4 programas referidos á práctica de conxunto que se materializarán en concertos públicos ao longo do curso académico.

E. MATERIAS TEÓRICO-PRÁCTICAS
Impartiranse contidos teórico-prácticos aplicados á práctica instrumental, ao coñecemento do mundo profesional así como a aspectos relacionados coa adquisición dunha boa disposición mente-corpo. O contido das materias teórico-practicas suporán o 15% das horas presenciais totais do curso.
Temática:

  • Cultura musical
  • Estamentos musicais profesionais. Temática vinculada ao ámbito profesional (axencias de contratación, xestión orquestral, xestión administrativa etc)
  • Música e saúde. Técnica Alexander, técnicas de relaxación e de rendemento no estudo
  • Técnicas de gravación

F. TRABALLO FIN DE CURSO
Para a obtención do diploma, os alumnos deberán realizar un proxecto fin de curso que consistirá basicamente na preparación e interpretación de concertos públicos que impliquen unha participación solista destacada ben sexa en concertos individuais ou de conxunto.

G. OBTENCIÓN DO DIPLOMA
Unha vez realizado e superado o proxecto fin de curso obterase un diploma que será común para todos os alumnos do master e que se denominará Gran Diploma de Especialista Orquestral. No caso de que algún alumno realice e finalice con éxito un solo ano de estudos recibirá un Diploma de Especialista Orquestral.

Convocatoria ordinaria:

Máis información en pdf
Folla de inscripción

Convocatoria extraordinaria:

Máis información en pdf
Folla de inscripción

Programación de actividades:

Descargar



organigrama   contacto galego    castellano    english

novas a Escola especialización formación permanente probas de acceso inscrición
escola de altos estudos musicais