XACOBE ROCA CRUZ

Nacido en Lugo en 1996, cursou os Graos Elemental e Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Lugo con Diego Ventoso e Javier Gómez. En 2015 ingresou no Conservatorio Superior de Música de Valencia, estudando con Manel Ramada, Rafael Mayans e Manuel Tomás, onde formou parte de Per-se-cussió Ensemble, actuando en varios festivais en España e o estranxeiro.

 

En 2018 trasladouse a Londres para estudar o último curso do Grao Superior (Erasmus+) en Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance, con Mick Doran, Marney O´Sullivan e Callum Huggan, onde colaborou con diversas agrupacións orquestrais e camerísticas. Paralelamente formouse con Francisco Inglés, Gratiniano Murcia, Rafael Mayans, Vicent Vinaixa e Conrado Moya en Percusons. Formou parte da Orquesta Sinfónica y Coro JMJ, a Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid e a Orquesta Filharmònica de la Universitat de València.