VICENTE GABRIEL PELLICER DOLZ

Nace en Alzira en 1997. Inicia os seus estudos musicais na Sociedad Musical de Alzira nas especialidades de fagot e piano, ata rematar o grao medio. A continuación, cursa o grao superior de fagot no Conservatorio Superior de Música “Joaquín Rodrigo” de Valencia cos profesores Ramón Herrero e David Baixauli.

 

Participou en diversas orquestras como a Orquesta Filarmónica de la Universidad de Valencia, Jove Orquestra de la Generalitat Valenciana, Valencia Film Orchestra, Orquestra Filarmónica Fundación Ciudad de Requena, entre outras.

 

Tamén recibiu clases da man de fagotistas como Juan Sapiña, Gustavo Núñez, Marco Postinghel, Dag Jensen, Vicente Palomares, Enrique Abargues, Julio Pallás...