VICENT MAÑEZ MASÍA

Nacido en Alzira no ano 1997, empeza os seus estudos musicais aos 5 anos na súa cidade natal, obtendo o grao elemental e profesional na “Societat Musical d’Alzira”.  Continúa os estudos de grao superior no CSM “Joaquín Rodrigo” de Valencia co profesor Francesc Gayà. A súa formación no referente a viola débese maioritariamente ao profesor David Fons, así como á influencia dos violistas Joaquín Riquelme, Wilfried Strehle e Jonathan Brown, cos que mantivo contacto, ademais de participar en numerosos cursos e clases maxistrais doutras figuras recoñecidas.

 

Participou na OCA (Orquesta de Cámara Adagio), OFUV (Orquesta Filarmónica de la Universidad de Valencia), OFSMCV (Orquesta de la Federación de Sociedades Musicales de la Comunidad Valenciana), Academia SMR Cuenca (Semana de Música Religiosa) e a OCM (Orquesta de Cámara de Mallorca).