TONIO COMESAÑA PINTOS

Tonio Comesaña é un clarinetista vigués, actualmente membro da Xove Orquestra da Unión Europea (EUYO) e a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE). Graduado no Conservatorium van Amsterdam, formouse alí durante 4 anos cos profesores Arno Piters e Hans Colbers. No ámbito orquestral, ten sido tamén membro reserva das máis importantes orquestras xoves europeas: Schleswig-Holstein Festival Orchestra, Gustav Mahler Academy ou a Xove Orquestra dos Países Baixos (NJO). Como solista, ten actuado coa Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia e Joven Orquesta Sinfónica de Granada. Entre os seus galardóns atópanse o 1º premio na categoría de grao profesional no 14º Certame Intercentros Melómano e o 3º premio na International Clarinet Competition “Guy Deplus”.