SILVIA CÁNOVAS RAMOS

Inicia os seus estudos con Rafael Kechabyan e continúa no Conservatorio Superior “Bonifacio Gil” con Olga Vilkomirskaia, obtendo o premio extraordinario fin de carreira. De 2017 a 2019 é membro tutti da Oviedo Filarmonía, compaxinando os seus estudos de máster no Koninklijk Conservatorium Brussel con Valéry Oistrakh, onde finaliza coa mención “cum laude”. Foi membro da JONDE, OJEX e OJRM e colaborou en orquestras como OSPA e OEX.