RUTH SANTIAGO GONZÁLEZ

Comeza a estudar óboe con oito anos, rematando o Grao Profesional con Mención de Honra. Continúa os seus estudos superiores na Staatliche Hochschule für Musik en Mannheim -Alemaña- co profesor Emanuel Abbühl, onde tamén cursa o Máster de Interpretación, concluíndoo coas máis altas cualificacións. Durante os seus anos de estudos, é seleccionada para participar en concursos internacionais como o “International Oboe Competition of Japan”, celebrado en Tokio -Xapón- ou “The Muri Competition?” en Suíza. Asimesmo, participa en coñecidos festivais de orquestra e música de cámara como o “Aurora Festival” en Estocolmo e o “Moritzburg Festival” en Alemaña. Actualmente continúa a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais cursando o Máster de Especialización Orquestral na cidade de Santiago.