ROGER SOLÉ CALDUCH

Nace en Barcelona en 1997. Inicia os seus estudos no Conservatorio de Lleida, onde obtén o grao profesional baixo a tutela de Encarna Monzó. Continúa a súa formación na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya) co profesor Eduardo Martínez, onde obtén o título superior de música en xuño de 2019.

 

Recibiu clases de Lucas Macías, Emanuel Abbühl, Dominik Wollenweber, Dolors Chiralt i César Altur, entre outros. Formou parte de varias orquestras novas como a JONC.