RODRIGO IGLESIAS SILVA

Nace en Vigo, Pontevedra, en 1994. Comeza os seus estudos na Escola de Música da Unión Musical de Valladares da man do seu tío D. José Iglesias Ramilo. Realiza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, cos profesores Javier González Lamas e Luis A. González Amosa, rematando coas máis altas cualificacións e o premio extraordinario fin de grao. Realizou cursos cos seguintes profesores: José Rodríguez Ramos, Javier Simó Echarte, Luís González Martí, Hakan Hardenberger, Pierre Badel e Roberto Bodí. En 2018 obtén a licenciatura en Interpretación no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos profesores Adolfo Caríde Rodríguez e Javier Viceiro Filgueira. Ten colaborado con orquestras profesionais como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta de Extremadura e con xoves orquestras como OJSG, OJEX e JOL.