Robrecht de Roeck - Violoncello

Doutorando PhD en Musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, máster en Interpretación e Investigación Musical pola Universidade Internacional de Valencia e titulado de grao superior polo Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona, becado pola fundación Ferrer-Salat. Foi premiado en varios concursos, entre eles obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de SIMW Stuttgart, o primeiro premio de Cataluña no concurso Certame Intercentros Melómano, o segundo premio no Concurso Jaime Dobato Benavente e gañador do concurso Isaac Albéniz. Como solista destaca a súa interpetación do Concerto de Elgar no Festival da Boranova, as Variacións Rococó de Chaikovsky coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior do Liceo e os dous Concertos de Haydn e o concerto de Schumann no Castelo de Falset.