ROBERTO MANUEL BOLAÑO AMIGO

Nace en Santiago de Compostela e comeza os seus estudos de trompeta á idade de 9 anos na Escola de Música de Rianxo co profesor Roberto Verde. Cursa o Grao Profesional co profesor José Rodríguez no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e continúa os seus estudos superiores co profesor Roberto Bodí no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León. Recentemente finalizou os seus estudos de máster na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín co profesor William Forman.

 

Foi membro de varias orquestras novas como a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, a Joven Orquesta de la Real Comunidad de Madrid e a Gustav Mahler Jugendorchester. Tamén colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta de la Radio Televisión Española e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León.

 

Na actualidade compaxina os seus estudos de posgrao en Especialización Orquestral da Real Filharmonía de Galicia co profesor Javier Simó, co último curso dos estudos de Grao en Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela e o seu posto como profesor de trompeta na Escola de Música de Rianxo.