RICARDO SOTO ASENJO

Contrabaixo

Nace en 1994. Comeza os seus estudos de contrabaixo en Segovia, a súa cidade natal, á idade de 8 anos co profesor José Vicente Fernández. Rematará a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León baixo a tutela de Luís Augusto da Fonseca e Antonio Romeu Cienfuegos, con quen realiza posteriormente no mesmo centro un Máster en Interpretación Solista.

 

Recibiu clases de contrabaixitas como Alberto Boccini, Bernard Salles, Marcos Machado, Luis Cabrera, Vlado Žatko, Jean-Paul Everts, Thierry Barbé, Andrés Martín, Jonathan Camps, Thomas Martin ou Nuno Arrais.