Ramón Rodríguez-Peña - Violín

Nado en Madrid en 1998, comeza a estudar violín aos 6 anos na Escola de Música Creativa coa profesora Lyudmila Mesropian que foi desde entón a súa mentora durante toda a súa formación incluíndo o grao superior. Realiza este último, que finaliza en 2020 coas máximas cualificacións, na Universidade Alfonso X o Sabio de Madrid. Ademais foi membro titular da Joven Orquestra de Aragón e da Joven Orquestra da Comunidad de Madrid e é membro activo da Orquestra Sinfónica de Cantabria, coas que tocou nos Teatros del Canal, o Auditorio Nacional de música, o Teatro Real e o Palacio de Festivais de Santander entre outros. Durante o curso académico 2021-2022 estivo realizando un curso de perfeccionamento en Viena en “Le Conservatoire” onde recibiu clases con asiduidade de Fedor Rudin e María Mesropian.