PEDRO JOSÉ CASES SÁNCHEZ

Nacido en Canet d’En Berenguer, Valencia, inicia os seus estudos musicais coa trompeta aos 7 anos. Comeza a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música “Joaquín Rodrigo” de Valencia co catedrático Ricardo Ortega, rematando a súa carreira cunha bolsa Erasmus na Hochschule für Musik Freiburg co profesor Wim van Hasselt. Recibe clases regularmente de Rubén Marqués (OCV) e colaborou con orquestras como a Orquesra de Valencia, a Joven Orquesta de la Comunidad Valenciana e a Orquesta Filarmónica de la Universidad de Valencia, entre outras.