PAU FOGÁS LOMAS

Nacido en 1997 en Reus (Cataluña), empeza os estudos musicais no conservatorio da súa cidade natal co profesor de violín Maurici Dalmau. Realizou os estudos de Grao Superior en Musikene baixo a tutela do violinista Aitzol Iturriagagoitia. En 2021 obtén o título de máster coa cualificación de Cum Laude polo “Royal Conservatory of Antwerp” de Anveres (Bélxica), realizado cos violinistas Tatiana Samouil, Alexei Moshkov e Benjamin Braude.

 

Actualmente é membro de diversas orquestras como a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), a Nova Orquestra de Holanda (NJO) e a Nova Orquestra de Flandes (YOF), entre outras. Ademais, foi academista da Orquesta Sinfónica de las Islas Baleares e foi colaborador de orquestras como a Sinfónica de Bilbao, a Arte Amanti Chamber Orquestra, a Orquestra Julià Carbonell de Lleida e a Orquestra Camerata XXI de Reus.