Pablo Rincón - Contrabaixo

Pablo Rincón

Iniciou os seus estudos musicais en Madrid aos 12 anos. Cursou estudos no conservatorio profesional de Adolfo Salazar de Madrid co profesor D. Daniel Machado e no Real Conservatorio Superior de Madrid sendo alumno de D. Vitan Kolev e D. Luís Fonseca. Proseguiu os seus estudos en Barcelona no ESMUC con D. Jonathan Camps, realizando un máster de interpretación. Ademais, colaborou con distintas orquestras e conxuntos españois.


Á vez, estudou enfermería e exerceu como enfermeiro en diversos centros sanitarios da Comunidad de Madrid, sen abandonar por iso nunca a súa paixón pola música.