PABLO DÍAZ MERA

Músico caracterizado por unha incesante procura da perfección técnica e o refinamiento expresivo. A súa experiencia orquestral pasa por tocar con agrupacións como a Orquesta Joven de Galicia, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Gaos e Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

Foi dirixido por Dima Slobodeniouk, Víctor Pablo Pérez, Christian Vásquez e Ramón Tebar, entre outros. Acompañou a solistas do talle de Frank Peter Zimmerman, Ainhoa Arteta ou Pacho Flores.

 

Gañou diversos concursos que o levaron a actuar como solista en salas como o Auditorio de Galicia e o Palacio da Ópera da Coruña. Tamén goza coa docencia, impartindo clases en varios centros e no proxecto social “Abanca-Resuena”.