Pablo Calderón - Violín

Naceu en Caldas, Colombia. Comeza os seus estudos de violín á idade de sete anos con Natalia Starchenko. Con oito anos ingresa na Escola de Música de Xetafe realizando os seus estudos de violín con Ma Chang Chung. Recibirá clases de Zhen Yu, alumna de posgrao da Escola Superior Raíña Sofia. Realiza os seus estudos de grao profesional no CIEM “Federico Moreno Torroba”, estudos Superiores no Centro Superior de Ensino Musical Katarina Gurska de Madrid co profesor D. Sergey Teslya. Foi membro da Joven Orquestra de León e colaborou coa Orquestra Sinfónica de Euskadi en 2021 e a Orquestra Sinfónica de Bilbao en 2020. Actualmente estuda no Curso Avanzado de Especialización Orquestral.