NURIA HONRUBIA PARRA

Nacida en Albacete, aos 9 anos comeza a estudar no Real Conservatorio Profesional de Música y Danza de Albacete con Natasha Badía Nikiforova. En 2017 remata os estudos superiores de Viola no CSM “Salvador Seguí” de Castellón, cursando o último ano no CESMD de Poitou-Charentes cos profesores Alain Trésallet e Tasso Adamapoulos.

 

Recibiu clases maxistrais de Carrie Dennis, Emilia Goch, Leo de Neve, Joaquín Riquelme, Andriy Viytovych, Julia Hu, Garth Know e Paul De Clerck. Formou parte de orquestras xoves como a JOGV (Generalitat Valenciana), JOSC (Castellón), JOA (Jeune Orchestre de l’Abbaye, Francia); e orquestras como o Ensemble Cartésixte de Tours (Francia) e OSA (Orquesta Sinfónica de Albacete).