
Nace en Madrid (1993), onde inicia os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música Joaquín Turina, continuando os seus estudos superiores no Real Conservatorio de Música de Madrid e no Conservatorio Superior de Málaga, onde no ano 2016 remata o seu Grao Superior baixo a tutela de Santiago de la Riva e María de los Ángeles Martínez. No ano 2020 obtén con distinción o Máster en Interpretación Musical no Conservatoire Royal de Bruxelles, mesmo conservatorio no que en xuño de 2021 se gradúa con gran distinción obtendo o título de Master Spécialisé, na clase de Shirly Laub.
Formou parte de orquestras novas nacionais e internacionais como a Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid, a Nationale Jeugdorkesten Nederland e a Joven Orquesta Nacional de España, e colaborou tamén profesionalmente con orquestras como a Orquesta de la Comunidad de Madrid e a Orquesta Filarmónica de Málaga. Nos anos 2018 e 2019 obtivo respectivamente o 3º e 2º premio no “Musiq3 Chamber Music Competition”. No ano 2020 foi galardoada co premio “Georges Octors de la Ville de Bruxelles”.