MATTHIAS LEONHARD EMMERINK

Nace en Groningen, os Países Baixos, onde comeza os seus estudos de violín con 7 anos na clase de Rita Rouw. Continúa a súa formación coa profesora Kati Sebestyén no Conservatorio Prins Claus en Groningen, onde obtén a titulación de Bachelor e Máster en Interpretación.

 

Gañador de Prinses Christina Concours nos Países Baixos. Recibiu clases maxistrais de Roland Daugareil, Olivier Charlier, Rachel Podger, Yair Kless, o Cuarteto Quiroga e o Cuarteto Bennewitz.

 

Formou parte e ten colaborado con orquestras como a Nationaal Jeugdorkest (Nova Orquestra dos Países Baixos), como axuda de concertino, Noord Nederlands Orkest, Nationaal Symfonisch Kamerorkest e Die Junge Norddeutsche Philarmonie. Colaborou con directores e solistas como Wayne Marshall, Mark Wigglesworth, Kevin John Edusei, Stefan Asbury, Leif Segerstam, Simone Lamsma, Vilde Frang, Nicholas Altstaedt e Alexander Sitkovetsky.