MARTÍN ALVES COSTAS

Nace en Vigo, cidade na que realiza o Grao Profesional cos profesores Ricardo Pazo e Feliciano Carbonell. A continuación, cursa o Grado Superior na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Oporto (Portugal) cos profesores Ricardo Lopes e Luís Alves. Ten recibido clases de numerosos oboístas, entre os que destacan Stefan Schilli, Christian Wetzel, Nick Deutsch, Diethelm Jonas, David Walter, Philippe Tondre, Louise Pellerin, Yeon-Hee Kwak, Samuel Bastos, Juan Ferriol, Manuel Angulo e Eduardo Martínez. Fromou parte da Orquestra Sinfónica da ESMAE, Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e da Orquesta de la Costa Atlántica, entre outras. Tamén ten colaborado como reforzo en orquestras profesionais como a Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música e a Orquestra Sinfónica de Galicia.