MARTA GÓMEZ ALONSO

Iniciou os seus estudos musicais en Candás e Avilés (Asturias). Rematado o Grao Superior en 2015 no Conservatorio Superior de Música de Aragón, continuou a súa formación cun Máster de Interpretación en Codarts (Rotterdam). Ten participado en diversas orquestras xoves como Pacific Music Festival, Schleswig-Holstein Music Festival ou JONDE; así como profesionais como a Rotterdam Philharmonic Orchestra, Camerata of Royal Concertgebouw Orchestra ou o Ensemble Galería. En xaneiro de 2017 actuou como solista coa orquestra do Conservatorio de Rotterdam. En maio do mesmo ano foi finalista da 87ª edición do Concurso “Xuventudes Musicais”. Na actualidade participa no Máster “Aus Licht”, especializado na ópera homónima de Karlheinz Stockhausen, que se representará en xuño de 2019 en Ámsterdam.