MARTA BALSA FERNÁNDEZ

Nacida en Santiago de Compostela en 1997, comeza os seus estudos de fagot no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, continuando no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León con profesores como Guillermo Salcedo, Carlos Tarancón ou Álvaro Prieto. Posteriormente cursa o mestrado de especialización orquestral na Academia de Música de Gotemburgo (Suecia) co profesor Anders Engström. Recibe durante este período clases de fagotistas como Santiago López, Annika Frediksson, Alexandru Chirica, Higinio Arrué ou María José Rielo.