MARCOS VÁZQUEZ RENDO

É natural de Santiago de Compostela, onde comezou a súa andaina na música. Realizou os graos elemental e profesional de contrabaixo no CMUS de Santiago de Compostela. Cando comezou o grao profesional empezou a tocar nunha banda de música popular e uns anos máis tarde pasou as probas para entrar na “Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia”. Isto levouno a interpretar obras clásicas das máis importantes para o canon clásico e coller experiencia como músico de orquestra. Anos despois desprazouse a Barcelona para estudar o superior na ESMUC, e seguiu formándose na interpretación clásica e contemporánea con contrabaixistas como Uxía Martínez Botana ou Andrew Ackerman.