LUCÍA CAMIÑOS BLANCO

Comeza os seus estudos de violín no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, finalizándoos no Conservatorio Superior de Música da Coruña de man da profesora Beatriz Rodríguez. Á súa vez recibiu clases continuadas con Stefan Utanu, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, e participou en numerosos cursos e masterclases. En 2015 comeza a estudar viola, rematando os estudos superiores na Coruña co profesor Sergio Sieiro. Como viola participou no Summer Tour da Nationaal Jeugd Orkest (NJO) e a Orquesta Goya, ademais de recibir clases de Eugenia Petrova, Isabel Villanueva, Léa Hennino, Mateusz Stasto ou Rivka Golani.