JULIA FILÓN

Nace en Mar del Plata, Arxentina, onde comeza os seus estudos de violín á idade de seis anos baixo a tutela do violinista Guillermo Sotelo. Continúa de forma particular co mestre Alexander Iakovlev. Foi membro de diversas agrupacións orquestrais tales como Orquesta del Instituto Superior de Arte del Teatro Colón, Orquesta Académica de Buenos Aires e Orquesta Sinfónica de Avellaneda.

 

Así mesmo, participou numerosas veces no Festival Schleswig Holstein Musik e colaborado no encontro de música de cámara Siete Lagos. Durante a súa formación, asistiu a clases maxistrais con Germán Clavijo, Ilya Kaller, Amaury Coeytaux, David Chivers, Antonio Spiller, Roman Spitzer, Jorg Heyer e Ingrid Zur. En 2021 finaliza os seus estudos superiores en Codarts: Hogeschool voor de Kunsten cos profesores Gordan Nikolić e Goran Gribajević.