JUAN ANTONIO VÁZQUEZ MOUZO

Natural de Ponteareas (Pontevedra), inicia os seus estudos no Conservatorio Profesional de Ponteareas baixo a tutela de Juan Carlos Fernández para posteriormente continuar a súa formación no Conservatorio Superior del Principado de Asturias.

 

Recibiu clases de percusionistas como Bart Jansen, Víctor Segura, Raymond Curfs, Pius Cheung e Edoardo Giachino, entre outros. Foi membro da Orchestra Giovanile Italiana, Animato Foundation Orchestra (Suíza) e a Orquesta Joven de Extremadura. Colaborou con orquestras como Oviedo Filarmonía, Orquesta del Principado de Asturias e Orquesta de Extremadura; baixo a batuta de directores como Daniele Gatti, Pablo González, Jaume Santonja e Andrés Salado, entre outros.