JORGE RIPOLL IVORRA

Nace en Alicante en 1992, onde comeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos. No ano 2015 obtén a titulación superior no Conservatorio Superior de Música de Aragón, onde recibe clases de Francisco Antonio García, Kennedy Moretti, Ona Cardona e o Cuarteto Quiroga. Foi membro da Schleswig-Holstein Music Festival Orchestra, The World Orchestra e academista da Chamber Orchestra of Europe e colabora recentemente coa English National Opera. No ano 2016 recibe unha bolsa de Wilkins-Makerras Award para realizar un Máster en Interpretación no Royal College of Music de Londres.