Jon Etterbeek

trombón

Norteamericano de California, realizou os seus estudos de Bacharelato e Masters na escola de Juilliard en Nova York. Ten participado en festivais internacionales como Tanglewood, Schleswig Holstein ou no Pacific Music Festival en Xapón, entre outros. Tocou baixo a dirección de mestres como Leonard Bernstein, Seiji Ozawa, Loren Maazel e Mstislav Rostopovich. Forma parte da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 1994, onde é principal trombón dende 2004. Foi profesor de trombón varios anos na Escola Superior de Música de Oporto, Portugal. Colaborou con varias orquestas españolas, entre elas a Real Filharmonía de Galicia e as orquestras de Bilbao, Valladolid e Pamplona. É membro do quinteto de metais Coruña Brass.