Joan García - Trompa

Joan Garcia Pla é natural de Ontinyent (València). Comeza os seus estudos á idade de 8 anos na escola “Ad libitum” da súa localidade, para logo finalizar o grao profesional no Conservatorio Melchior Gomis de Ontinyent co profesor Arturo García. En 2017 realiza a proba ao Conservatorio Superior de Música de Aragón para estudar cos profesores Bernardo Cifres e Paco Rodríguez finalizando en 2021 cos profesores Pedro Blanco e Anaís Romero. Foi membro de orquestras como a JOGV (València), o EGO (Euskal Herria) ou a State Opera Ruse (Bulgaria).