Iryna Morozova - Violonchelo

Naceu en Ucraína (Jákov), onde recibiu a súa educación musical. Graduouse nunha escola de música especializada (agora un liceo) con honras, e tamén recibiu unha licenciatura e un diploma con honras do Instituto de Artes (Járkov). Participou en varios concertos, onde interpretou como solista e tamén en agrupacións musicais diferentes. No curso 2021-2022 chegou a Vigo (España) co programa de intercambio de estudantes Erasmus+, onde estudou durante o primeiro trimestre. Posteriormente debido á invasión militar no seu país volveu a Vigo outra vez para finalizar os seus estudos.