IRENE CERVERA ESTEBAN

Nace en Burjassot (Valencia) en 1997, onde comeza os seus estudos de violoncello aos 7 anos. Obtén o Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Valencia, onde remata con Premio Final de las Enseñanzas Profesionales. Entre 2015 e 2018 realiza o tres primeiros cursos do Grao Superior no Conservatorio Superior de Música “Joaquín Rodrigo” de Valencia baixo a tutela de Pere Joan Carrascosa e Raquel Lacruz. Finaliza cuarto curso no Royal Conservatory de Gante (Bélxica) coa profesora Judith Ermert.

 

Foi e é membro de diferentes orquestras novas como a JONDE, NJO, JOGV, Joven Orquesta de la FSMCV ou OFUV. Ademais colaborou con agrupacións como a Orquesta de Valencia e a Orquesta Ciudad de Granada.