HENRIQUE MIGUEL MEDEIROS ANDRADE

Empezou a súa xornada musical na Filarmónica Marcial União Progressista, proseguindo os seus estudos musicais no Conservatório Regional de Ponta Delgada na especialidade de frauta traveseira. En 2013 rematou os seus estudos na mesma institución e ingresa na Universidade de Aveiro (Portugal), onde completou en decembro de 2018 a súa formación superior em Performance e Pedagoxía Musical (Máster).

 

Formou parte de varias orquestras como a Orquestra Filarmonia das Beiras, Sinfonietta de Ponta Delgada, Orquestra Regional Lira Açoriana, Orquestra Sinfónica Juvenil, Orquestra Sinfónica da Universidade de Aveiro e a Orquestra de Vientos da Universidade de Aveiro.

 

Participou como Novo Talento na Convención Hand’s on Flute 2017 (Portugal). En 2018 gaña o 1º premio no Concurso Internacional de Instrumentistas de Sopros “Terras de La Salette” e en 2019 o 2º premio no Concurso Internacional de Música de Gondomar. Desde xuño de 2020 é frautista no Quinteto de Vento Arquinteto.