GONZALO ZANDUNDO JIMÉNEZ

Naceu en Huesca o 3/9/1996. Iniciou os seus estudos de música coa idade de 6 anos na Academia Albéniz e continuou a súa formación no CPMH (Conservatorio Profesional de Música de Huesca), finalizando cunha matrícula de honra en 2014. Posteriormente ingresou no Conservatorio Superior de Música de Aragón en 2014, concluíndo os seus estudos en 2018. Ten formado parte e colaborado con orquestras como: ORA (Orquesta Reino de Aragón), JOSCAN (Joven Orquesta de Cantabria), JONC (Jove Orquesta Nacional de Catalunya), NJO (Nationaal Jeugd Orkest), OJSG (Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia), OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia), JONDE (Joven Orquesta Nacional de España), OCAZ ENIGMA (Orquesta de Cámara del Auditorio de Zaragoza) e Schleswig Holstein Musik Festival (Alemaña). Durante os seus anos de estudos foi bolseiro pola Fundación FIDAH.