Gonzalo Otero - Percusión

Natural de Bermés (Lalín), comeza os seus estudos de percusión no Conservatorio Profesional de Lalín, onde obtivo a titulación de grao Elemental e Profesional. Durante esta época estuda cos profesores José Manuel Taboada, Pepe Varela e Germán Agulló. En 2017 inicia o grao superior de Percusión na Han-Zehogschool de Groningen (Países Baixos) graduándose en 2021. Cursa os seus estudos en dita institución cos profesores Mihaly Kaszas, Tatiana Koleva e Joeke Hoekstra. Foi membro no Schleswig-Holstein Musik Festival Orchestra, temporada 2022. Colaborou con orquestras como a Nationaal Symfonisch Nederlands Orkest (NNO), coa cal colabora actualmente.