GERMÁN LATORRE DORCE

Nace en Valencia en 1994. Comeza os seus estudos na Escuela de la Sociedad Musical de L’artistica Manisense de Manises. Realiza a súa formación de grao profesional no Conservatorio Profesional de Música “Velluters” de Valencia, cos profesores J. Vicente Marticorena, Arturo García e Carmelo Romaguera. En 2018 obtén a licenciatura en Interpretación no Conservatorio Superior de Música “Salvador Seguí” de Castellón, cos mestres Manu Asensi e Vicent Navarro. Ten colaborado con orquestras profesionais como a Orquesta Sinfónica de Euskadi, Orquestra de Cadaqués ou a Orquesta ADDA Simfónica de Alicante; e foi membro de distintas xoves orquestras como JOGV, JONC e The World Orchestra.