GEMA PÉREZ OLIVER

Comezou a estudar violoncello aos 4 anos, con Arantxa López e Mª Isabel Quirós. En 2002 entrou no Conservatorio Profesional “Adolfo Salazar”" de Madrid, estudando con Pilar Navarro, Adolfo Gutiérrez e Miriam Olmedilla. En 2012 accede ao Conservatorio Superior de Música de Valencia “Joaquín Rodrigo”, con Dimas Moreno, Pere Joan Carrascosa e María Teresa García. Finaliza os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Iagoba Fanlo, con Matrícula de Honra en instrumento e en música de cámara e Premio Final de Carreira. Formou parte da OJEX, JORCAM, JOGV. É parte da JONDE e reserva na Gustav Mahler Jugendorchester e a EUYO. Academista da Orquesta Nacional de España. Membro da bolsa da ORCAM e da ORTVE.