EWA PAWLOWSKA

Nace en Bielsko- Biala, Polonia. Comezou a estudar violín aos 6 anos co profesor Jozef Iwanowicz na Escola de Música en Bielsko Biala. Cursou un Máster de Violín en The Grazyna and Kiejstut Bacewicz Academy of Music en Łódź (Polonia) na clase de violín do profesor Łukasz Błaszczyk. Participou en cursos de perfeccionamento musical con músicos como Roland Baldini, Arkadiusz Kubica, Jan Stanienda, Wiesław Kwaśny, Bartłomiej Nizioł, Daniel Stabrawa. Formou parte de orquestras xoves como a Orquestra de Cámara PRIMUZ en cooperación con Telemark Kammerorkester (Noruega), Al Bustan International Festival, Internationale Junge Orchesterakademie, PRISMA, Vancouver Symphony Orchestral Institue at Whistler and Gustav Mahler Jugendorchester.